Quenes Somos - Granitos Ramón Fernández

Quenes Somos

Construcións R. F. Fernández S. L. somos unha empresa que conta con máis de 40 anos de experiencia no sector da construción tanto en obra de nova construción como de rehabitilación, estando especializados en traballos de cantería.

Contamos cunhas instalacións nas que realizamos todo o proceso de transformación do granito desde o bloque en bruto ata o produto final elaborado listo para ser colocado en obra polos nosos operarios, levando desta forma un control exhaustivo de todo o proceso construtivo.

O persoal cualificado, a selecta materia prima e a maquinaria de última tecnoloxía conforman os compoñentes esenciais para garantir aos clientes un produto final de alta calidade.