Rehabilitación e reforma de edificacións en Santiago

Realizamos traballos de construción de calidade

En construcións Granitos R. Fernández somos especialistas na construción, rehabilitación e reforma de vivendas e edificacións, sempre baixo os estándares de calidade que esiximos na nosa empresa para o correcto desenvolvemento do noso traballo.

Realizamos traballos de construción, rehabilitación e reforma en:

  • Mampostería, en obra nova e restauración
  • Perpiaño
  • Chapa
  • Recerdados
  • Balaustradas
  • Hórreos
  • Cruceiros
  • Fontes e pías
  • Xardineiras
  • Mesas
  • Soportais
  • Porches
  • Chemineas

Construción e rehabilitación de vivendas unifamiliares.

Imos xunto a vostede desde o inicio do seu proxecto. Somos especialistas en reformas integrais ou parciais, reformas de cociñas e cuartos de baños.

O noso equipo técnico elaborará os planos necesarios para que poida visualizar, mesmo en 3D, todos os detalles da súa reforma. Unha vez comecemos a obra, coidaremos o cumprimento de todos os detalles e calidades do noso traballo, estando pendentes da planificación e execución da súa obra, coordinando a todos os oficios e cumprindo os prazos e calidades pactados.

Restauración de edificacións rústicas en pedra.

A rehabilitación e restauración de edificacións é un proceso que require dunha preparación e coñecementos moi técnicos debido ás complicacións que poden xurdir durante o proceso da restauración arquitectónica.

Independentemente do estado de conservación do edificio, o noso equipo de profesionais dará as solucións técnicas máis adecuadas ás patoloxías do mesmo, velando polo estrito cumprimento da normativa, a seguridade e a correcta execución.

Transformación do granito dende bloque en bruto ata produto elaborado.

O granito extráese directamente das canteiras, xeralmente ao descuberto, mediante a perforación e voadura controlada de grandes bloques ou con equipos de corte con fío diamantado. Un proceso que nos últimos anos axilizouse grazas á utilización de maquinaria adaptada a esta dura tarefa.

De ahí, en Granitos R. Fernéndez traballamos para transformar esos bloques de granito en produtos elaborados e perfectos para a súa comercialización.

Elaboración e colocación de columnas, balaustradas, hórreos, fontes...

Existe unha gran diversidade de elementos para fabricar unha columna, unha balaustrada ou unha fonte, pero un dos elementos máis resistentes nos cales se poden fabricar é en pedra natural, dada a dureza e textura que ofrece esta rica materia prima.

Ademáis, somos especialistas na restauracións de hórreos na comarca de Santiago de Compostela, aínda que tamén podemos desplazarnos por todo o territorio galego previo contacto co cliente.

Visualización en 3D por ordenador da obra a realizar.

Dispoñemos da tecnoloxía máis avanzada do sector para a visualización en 3D por ordenador de calquera obra a realizar.

De este modo, os nosos clientes poderán ver de primeira man os que serán os seus próximos proxectos.

Pida presuposto

Se está pensando en reformar ou rehabilitar a súa vivenda, hórreo ou balaustrada, ou quere saber máis sobre a construción de vivendas unifamiliares, pode consultarnos e pedir presuposto sen compromiso.