Rehabilitacion e reforma de edificacións en Santiago

En construccións Granitos R. Fernández somos especialistas na construción, rehabilitación e reforma de vivendas e edificacións, sempre baixo os estándares de calidade que esiximos na nosa empresa para o correcto desenrolo do noso traballo.

Realizamos traballos de construción, rehabilitación e reforma en:

Balaustradas

Chapa

Chimeneas

Cruceiros

Fontes e pías

Hórreos

Xardinerías

Mesas

Mampostería

Perpiaño

Porches

Outros

Recercados

Construción e rehabilitación de vivendas unifamiliares

Desde o inicio do seu proxecto imos xunto a vostede, somos especialistas en reformas integrais ou parciais, reformas de cociñas e baños.

O noso equipo técnico elaborará os planos necesarios para que poida visualizar, mesmo en 3D, todos os detalles da súa reforma, unha vez empece a obra coidaremos o cumprimento de todos os detalles e calidades do noso traballo, estando pendentes da planificación e execución da súa obra, coordinando a todos os oficios e cumprindo os prazos e calidades pactados.

Restauración de edificacións rústicas en pedra.

A rehabilitación e restauración de edificacións é un proceso que require dunha preparación e coñecementos moi técnicos debido ás complicacións que poden xurdir durante o proceso da restauración arquitectónica.

Independentemente do estado de conservación do edificio, o noso equipo de profesionais dará as solucións técnicas máis adecuadas ás patoloxías do mesmo, velando polo estrito cumprimento da normativa, a seguridade e a correcta execución.

Transformación do granito dende bloque en bruto ata produto elaborado

O granito extráese directamente das canteiras, xeralmente ao descuberto, mediante a perforación e voadura controlada de grandes bloques ou con equipos de corte con fío diamantado. Un proceso que nos últimos anos axilizouse grazas á utilización de maquinaria adaptada a esta dura tarefa.

De ahí, en Granitos R. Fernández traballamos para transformar esos bloques de granito en produtos elaborados e perfectos para a súa comercialización.

Elaboración e colocación de columnas, balaustradas, hórreos, fontes...

Existe gran diversidade de elementos para fabricar unha columna, unha balaustrada ou unha fonte, pero uno dos elementos máis resistentes que se pode fabricar é en pedra natural dado a dureza e textura que ofrece esta rica materia prima.

Ademáis, somos especialistas na restauracións de hórreos na comarca de Santiago de Compostela, aínda que tamén podemos desplazarnos por todo o territorio galego previo contacto co cliente.

Visualización en 3D por ordenador da obra a realizar

Dispoñemos da tecnoloxía máis avanzada do sector para a visualización en 3D por ordenador de calqueira obra a realizar.

De este modo, os nosos clientes poderán ver de primeira man os que serán os seus próximos proxectos.

Pida presuposto

Se está pensando enreformar ou rehabilitar a súa vivenda, ou quere saber máis sobre a construción de vivendas unifamiliares, pode consultarnos e pedir presuposto sen compromiso.